Recentemente ven de ser editada a obra Milites Templi. A Orde do Temple na vila de Melide, publicación que fora galardoada co III Premio de Investigación Terra de Melide, no ano 2005.
O autor, o medievalista Xosé M. Sánchez Sánchez, toma coma base fontes medievais do Arquivo da Catedral de Santiago, en concreto diversos documentos inseridos no chamado Tombo I de Melide, e custodiado no ACS na Colección López Ferreiro. A documentación recolle a doazón realizada por parte do conde don Pedro de Lemos, na segunda metade do século XIV, das propiedades que pertenceran á Orde do Temple en Melide para a fundación do convento de Sancti Spiritus. Sobre esta base o autor desenrola e analiza o que foi a presenza templaria no entorno da vila melidense.
O libro complétase, a modo de apéndice, coa edición das fontes, transcritas, e cun índice de topónimos e antropónimos.
A publicación corre a cargo do Concello de Melide e, sendo non venial, pode solicitarse de maneira gratuíta ao propio concello nos seguintes teléfonos: 981 50 50 03 / 981 50 52 75.

No hay comentarios:
Publicar un comentario