jueves, enero 18, 2007

Investigación: Crítica textual medieval.

Iria Pérez Mariño e Iago Santiso Fernández, estudiantes da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago, atópanse no ACS realizando unha edición de dous documentos medievais inéditos, no marco dun traballo encol da crítica textual.
Baixo a dirección da prof.ª Ana Boullón, tal proxecto consiste, por unha banda, na transcrición de dous pergameos do século XIV, insertos no tombo de Santa Clara, da Colección López Ferreiro. E, por outra, realizarán ademais unha aproximación á edición crítica dos mesmos así como ás abreviaturas ou aos termos, dende o punto de vista do galego medieval.

1 comentario:

Ana Bande dijo...

Parabéns polo traballo, vos seguirei todo o que poida.