jueves, marzo 08, 2007

Visitas: alumnos da USC

O día 8 de marzal ven de realizarse unha nova visita por parte de alumnos da Universidade de Santiago ao Arquivo da Catedral, para contemplar parte dos fondos medieváis, instalacións e forma de traballo do arquivo.
Tratouse en concreto dun grupo de 15 alumnos estadounidenses da Facultade de Historia acompañados polo profesor do departamento de Historia Medieval da USC José Miguel Andrade Cernadas. Así, o grupo puido coñecer mellor a historia da institución e a documentación que custodia, así como ver algúns documentos en pergameo encapsulados, un tombo medieval e parte das salas de depósito.

No hay comentarios: