O Arquivo da Catedral de Santiago ven de colaborar la elaboración do documental "O Mariscal. Mito, lenda e realidade" encol da figura do mariscal Pedro Pardo de Cela, figura destacada do século XV galego. Dito documental está sendo realizado polo taller de creación audiovisual Imaxina.
Ante o interese expresado pola productora ao Área de Documentación Medieval-ACS por amosar ao longo da filmación diversas imaxes de documentación medieval do arquivo, a dirección do ACS dispuxo unha colaboración, por medio da reproducción de diversas figuras ilustrativas, coma a do apóstolo Santiago e o castelo da Rocha Forte, no tombo B, ou a de Carlomagno e os seus soldados, no Liber Sancti Iacobi.
Unha producción que ademáis de ilustrar a controvertida figura do Mariscal, posuirá, así, pinceladas gráficas da documentación medieval custodiada no ACS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario