Están xa novamente no Arquivo da Catedral as pezas que foron prestadas para a exposición A Coruña. A cidade dende Alfonso IX, que tivo lugar no recinto PALEXCO de A Coruña, ate o 1 de febreiro. O Arquivo da Catedral prestou, para a sección de historia medieval, unha serie de debuxos sobre a Torre de Hércules e a súa evolución histórica, xunto cun facsímil do tombo A, no que se expuña a miniatura do monarca castelán. Unhas pezas cuia imaxe foi publicada nun amplo catálogo que conta con varios estudos históricos, algúns adicados ao período medieval.
Nesta exposición -integrada nos eventos de conmemoración dos 800 anos da cidade herculina-, e no catálogo que a acompaña, pódese examinar visialmente a historia da urbe dende que nace como tal, con Afonso IX, nunha mostra comisariada por José M. Sánchez Chouza, Alfredo Vigo Trasancos e Xosé Ramón Barreiro.
A desinstalación das pezas tivo lugar o 2 de febreiro, baixo a supervisión dun técnico do Arquivo, e a recepción das pezas o día 3, co pracer de ter formado parte dunha grande e destacada mostra en Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario