Neste ano 2010 ven de ser editado o volume Santiago de Compostela, meta de peregrinación. Xéneses documentais e fontes arquivísticas, elaborado polos profesores da Universidade de Santiago José García Oro e María José Portela Silva (+). Nel dase conta, dende a perspectiva da configuración paulatina da peregrinación e do feito xacobeo partindo da alta Idade Media, das fontes documentais con información relevante nos séculos IX-XV, moitas delas no ACS, coma os Tombos A, B, o Códice Calixtino ou parte da documentación pontificia.
É unha edición plantexada coma unha separata das xa clásicas Edicións do Grupo Filatélico e Numismático de Noia. A referencia completa é:
-GARCÍA ORO, José; PORTELA SILVA, María José, Santiago de Compostela, meta de peregrinación. Xéneses documentais e fontes arquivísticas, separata nº 26, Ano Santo 2010. Mostra filatélica, A Coruña, 2010.
No hay comentarios:
Publicar un comentario