lunes, febrero 13, 2012

Martín Serpe (1400).

Ven de ser editado o artigo de Noemí Basanta Llanes "O contrato foral a Martín Serpe (ACS). Edición crítica dun documentos notarial de 1400", no último número da revista Cadernos de Lingua (nº 33, 2011), da Real Academia Galega. Nel, a investigadora realiza un repaso pola documentación do notario compostelano Alvar Pérez Pucarino, incorporando unha rexesta de 19 documentos de entre os anos 1373 e 1401, moitos deles entre os fondos do ACS. E, de entre todos, realízase a transcrición dun contrato de aforamento realizado polo mosteiro de San Martiño Pinario a Martín Serpe de varias propiedades na fregresía de San Salvador de Bembibre (Val do Dubra, A Coruña), da Colección López Ferreiro.
-
O artigo completa unha boa ollada ao notario, cunha contextualización histórica, análise xeral dos documentos e deste en particular, con estudio crítico e índices. A referencia completa:
-
BASANTA LLANES, Noemí, "O contrato foral a martín Serpe (ACS). Edición crítica dun documento notarial de 1400", Cadernos de Lingua, nº 33 (2011), pp. 57-84.

No hay comentarios: