Na mañá do martes 3 de xullo tivo lugar a presentación das novas instalacións de recepción e sala de investigadores do Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago. Nun un acto ao que asistíu a Conselleira de Cultura, D.ª Ánxela Bugallo, o Director Xeral de Patrimonio, D. Felipe Arias, o revmo. Sr. Arcebispo, D. Xulián Barrio, e o Sr. Deán e Arquiveiro, D. José M.ª Díaz, se presentaron en sociedade as dúas novas salas do ACS, que ofreceran mellores servicios aos investigadores do arquivo, e realizadas con financiación da Xunta de Galicia en colaboración co Cabido da catedral. Dotase así á institución dunha estancia de consulta con maior luminosidade e espazo, mantendo a súa morfoloxía antiga por medio da restauración de elementos, coma o artesonado do teito.
No mesmo acto tivo lugar a presentación da Guía do Arquivo da Catedral, elaborada por un equipo coordinado por Arturo Iglesias Ortega e integrado tamén por María Seijas e Francisco Sandoval. Nela se recollen os fondos e coleccións do ACS, descritos segundo a norma internacional ISAD (G) e nos que se integra a documentación medieval do arquivo. É este o primeiro número da colección Archivium Sancti Iacobi, e será ferramenta de consulta fundamental para calqueira investigador, medievalista ou non, que se achege aos fondos do ACS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario