O sábado día 1 de setembro ven de ser presentado, no local da Asociación Cultural Neixón, en San Vicenzo de Cespón (Boiro), o volume De Sancti Vicentii de Sispalona a San Vicenzo de Cespón, elaborado no marco do proxecto de excavación e análise dos castros de Neixón, no cal está a participar o Área de Documentación Medieval do Arquivo da Catedral de Santiago.
O volume está coordinado por Xurxo M. Ayán e, xunto a el, os autores son Sonia García Rodríguez , Elena Novás Pérez, Alejandro Laiño, Leonardo González e Xosé M. Sánchez. No estudio se desenrolan a historia medieval e moderna da freguesía, a arquitectura da mesma e a relixiosidade popular. Emanan da colaboración co ACS o capitulo adicado á historia medieval de Cespón, realizado por Xosé M. Sánchez, e o adicado á historia moderna, realizado por Mª Elena Novás.
A edición corre a cargo do Concello de Boiro e se integra dentro da colección Cadernos Culturais, da que fai o número 9. Á presentación asistiron o alcalde de Boiro, Xosé Deira, o concelleiro de cultura, Xerardo Piñeiro, o coordinador da obra e os coautores.
Tra-los estudos se inclúen dous apéndices documentais, un de época medieval e outro moderno, realizados ambos dende o ACS, por Xosé Sánchez e Elena Novás, respectivamente. No caso da documentación medieval se trata de 12 documentos inéditos que abranguen os séculos XII-XV todos eles custodiado no propio arquivo, na colección de Pergameos Soltos e nalgúns dos tombos, coma o Tombo C ou os Tombos de Tenzas.
Dita obra pode ser solicitada ao Departamento de Cultura do Concello de Boiro. Tlf. Departamento de Cultura: (0034) 981 84 84 25.
No hay comentarios:
Publicar un comentario