Hoxe tivo lugar a visita de alumnos de historia medieval e historia medieval de Galicia da licenciatura de Historia da Universidade de Santiago de Compostela. O grupo estaba integrado por 80 estudantes das ditas materias e guiados polo profesor Ermelindo Portela Silva; así, divididos en varios grupos, puideron observar de primeira man tanto as instalacións de fondos documentais do ACS coma algúns dos principais documentos de época medieval que se custodian no arquivo e coñecer mellor a organización e valor deste continxente documental.
Como ven sendo xa tradicional estas visitas pretenden non só manter o ACS aberto e en contacto coa sociedade e a Universidade compostelá, senón colaborar na formación dos futuros historiadores, medievalistas e profesionais relacionados co patrimonio documental, proporcionando unha experiencia práctica diferente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario