Un grupo de estudantes de terceiro ciclo da Universidade de Santiago de Compostela, polo programa de doutoramento "A Idade Media. Imaxes, textos e restos" ven de realizar unha visita ao ACS, orientada á documentación medieval. Perto de 10 alumnos do curso, acompañados polo profesor-titor David Chao Castro, visitaron as estancias de fondos do arquivo e puideron ver parte da documentación medieval que se custodia na institución.
O obxecto fundamental era achegarse ás fontes e métodos de estudo da historia medieval, e ás fontes medievais compostelás en particular, orientándose especialmente á historia da arte. Como complemento os alumnos puideron acceder previamente aos materiais didácticos específicos (materiais didácticos nº 3), que foron guía da visita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario