Hoxe tivo lugar unha visita dos alumnos de historia medieval da Facultade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Tratouse de perto de corenta alumnos, divididos en dous grupos, correspondentes ás materia de Historia Medieval e Historia Medieval de Galicia, acompañados polos profesores Mª del Carmen Pallares e Ermelindo Portela Silva. A visita centrouse na especificidade da documentación medieval do ACS, os seus fondos e, especialmente, os proxectos arquivísticos de Diego Xelmírez, no século XII, e Berenguel de Landoira, no XIV, e os principales documentos e códices derivados, coma o Tombo A, o Códice Calixtino ou o Tombo B.
Novamente, o Arquivo da Catedral busca colaborar na formación dos investigadores e historiadores do futuro, neste caso cunha das principais institucións do seu entorno e con maior vencello ao propio arquivo: a USC.
No hay comentarios:
Publicar un comentario