viernes, junio 03, 2016

López Ferreiro para todos.


Una ronda de López Ferreiro para todos. Hace algún tiempo los amigos de la Asociación de Veciños Compostela Vella nos indicaban, en un comentario a este blog, la digitalización por parte del portal Internet Archive de toda la obra Historia de la Santa AM Iglesia de Santiago de Compostela, del maestro de historiadores Antonio López Ferreiro, alla a caballo entre el siglo XIX y el XX. La importancia de esta magna investigación acerca de la historia compostelana, gallega y afectando en buena medida a la historia peninsular, hace este recurso enormemente valioso para medievalistas y modernistas, especialmente.
 
Desde esta Asociación no sólo nos daban cuenta de la digitalización, sino que, "con la finalidad de ampliar su divulgación", ellos mismos han ordenado los volúmenes para que sea más sencilla su consulta, facilitando enormemente el trabajo. Aquí os dejamos el enlace con la recopilación de la Historia de López Ferreiro.
 
Incorporan además otra aclaración: "Los exlibris de estos tomos digitalizados indican que pertenecían a la biblioteca del medievalista americado Walter Muir Whitehill que transcribió en 1932 el Códice Calixtino. Publicación CSIC de 1944." Muchas gracias a la Asociación de Vecinos Compostela Vella , ya no por su comunicación y buen hacer, sino por su labor y por facilitar el trabajo a todo aquel que quiera acercarse a una de las principales obras acerca de Compostela, Galicia y el NO peninsular a lo largo de la historia.
 
---------------------------------
 
Unha ronda de López Ferreiro para todos. Fai algún tempo os amigos da Asociación deVeciños Compostela Vella nos indicaban, nun comentario a este blog, a dixitalización por parte do portal Internet Archive de toda a obra Historia de la Santa AM Iglesia de Santiago de Compostela, do mestre de historiadores Antonio López Ferreiro, aló a cabalo entre o século XIX e o XX. A importancia desta magna investigación encol da historia compostelá, galega e afectando en boa medida á historia peninsular, fai este recurso enormemente valioso para medievalistas e modernistas, especialmente.
 
Dende esta Asociación non só nos daban conta da dixitalización, senón que, "con la finalidad de ampliar su divulgación", eles mesmos teñen ordeado os volumes para que sexa máis sinxela a súa consulta, facilitando enormemente o traballo. Aquí vos deixamos o enlace coa recompilación da Historia de López Ferreiro.
 
Incorporan ademáis outra aclaración: "Los exlibris de estos tomos digitalizados indican que pertenecían a la biblioteca del medievalista americado Walter Muir Whitehill que transcribió en 1932 el Códice Calixtino. Publicación CSIC de 1944." Moitas grazas á Asociación de Veciños Compostela Vella , xa non pola súa comunicación e bo facer, senón pola súa laboura e por facilitar o traballo a todo aquel que queira achegarse a unha das principais obras encol de Compostela, Galicia e o NO peninsular a o longo da historia.