O Arquivo da Catedral ven de colaborar coa serie Historias de Galicia, emitida pola Televisión de Galicia, na cal se repasa a historia galega dende un punto de vista tranversal e ameno. Concretamente o ACS ven de permitir a filmación de documentación medieval para ilustración dun dos episodios. A gravación, tras a petición da TVG e a aceptación da dirección do arquivo, foi realizada nas propias estancias do ACS, e sendo o obxecto o Tombo B, cartulario do século XIV aquí empregado para a ilustración dos scriptoria medievais.
En toda esta xestión o ACS, como vía de colaboración, eliminou calqueira dificultade en canto á cesión de imaxes e á propia filmación. O capítulo poderase ver próximamente na Televisión de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario