miércoles, octubre 07, 2009

ACS, Barbanza e a articulación do espacio na Idade Media - ACS, Barbanza y la articulación del espacio en a Edad Media

O ADM-ACS participará esta fin de semana nas VIII Xornadas sobre Patrimonio Etnográfico no Barbanza, celebradas este ano baixo o título de "Na procura dos Camiños Antigos" e organizadas pola Asociación O Faiado2 e o concello da Pobra do Caramiñal, entre outros. A nosa participación será no marco da ponencia "Entrámbalas dúas rías: Arqueoloxía, vías de tránsito e paisaxe no Barbanza", realizada de xeito conxunto con membros do Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe-CSIC (Xurxo M. Ayán Vila e Pastor Fábregas Álvarez) e da empresa Alicence S.L. (Leonardo González Pérez). Nela trataremos de facer un percorrido polo artellamento do espacio do Barbanza dende a Antigüidade á época contemporánea, pasando pola consideración do triangulo formado por fontes escritas, arqueoloxía e espacio na Idade Media.
As xornadas terán lugar no Auditorio do Museo Valle-Inclán de Pobra do Caramiñal, o sábado día 10, de 09:30 a 14:30 h., e a nosa ponencia partires das 10:30h.
--------------
EL ADM-ACS participará este fin de semana en las VIII Jornadas sobre Patrimonio Etnográfico en el Barbanza, celebradas este año bajo el título de "En la búsqueda de los Caminos Antiguos" y organizadas por la Asociación O Faiado2 y el municipio de Pobra do Caramiñal, entre otros. Nuestra participación será en el marco de la ponencia "Entrámbalas dúas rías: Arqueoloxía, vías de tránsito e paisaxe no Barbanza", realizada de modo conjunto con miembros del Laboratorio de Arqueología del Paisaje-CSIC (Xurxo M. Ayán Vila y Pastor Fábregas Álvarez) y de la empresa Alicerce S.L. (Leonardo González Pérez). En ella trataremos de hacer un recorrido por la articulación del espacio del Barbanza desde la Antigüedad a la época contemporánea, pasando por la consideración del triangulo formado por fuentes escritas, arqueología y espacio en la Edad Media.
Las jornadas tendrán lugar en el Auditorio del Museo Valle-Inclán de Pobra do Caramiñal, el sábado día 10, de 09:30 a 14:30 h., y nuestra ponencia partir de las 10:30h.

No hay comentarios: