ACS, a traveso da Área de Documentación Medieval, e o Cabido da Catedral de Santiago colaborarán próximamente co programa Compostela medieval do Concello de Santiago de Compostela, fundamentado no coñecemento do mundo compostelán na Idade Media por parte de estudantes de terceiro ciclo de Primaria. Os grupos poderán visitar gratuitamente o claustro da Catedral, cunha explicación encol da Catedral na época medieval, e dende o ACS agardamos poder dar unhas breves intervencións encol do mundo cultural e a documentación medieval compostelá.
Un programa que se desenvolverá entre fináis de outubro e inicios de novembro, e que pode traer moi bos resultados, non só para a 'canteira' de historiadores e medievalistas, senón para estudantes con inquedanzas e gusto pola Historia.
Para os interesados, a inscrición está xa aberta na páxina do Concello:
A muralla de Compostela cara o s. X.
No hay comentarios:
Publicar un comentario