Atópase no prelo o volúme de actas do VIII Congreso Internacional de Estudos Galegos celebrado do 12-15 de setembro de 2007 en Salvador de Bahía (BRA). Nel un dos traballos presentados e que se editarán en breve é o da investigadora Raquel Rodríguez Parada, da Universidade de Vigo, dando conta de diversa documentación notarial medieval en lingua galega, poñendo coma límite cronolóxico o ano 1260. O corpus considerado toma como base os fondos dos arquivos de Santiago de Compostela.
Neste artigo a autora desenrola unha dobre liña: por unha banda realiza un repaso de tales arquivos composteláns con documentación medieval, referindo o ACS, así coma o ADM, dende os datos de contacto e localización ate o traballo sobre as peopias fontes; por outra, recolle un documento en galego de Fernando III de 12 de xullo de 1250, incluido no tombo B e que xa fora editado por López Ferreiro e, máis recentemente, por González Balasch.
Dita investigación foi exposta en conferencia no dito congreso tra-lo traballo e estancia de consulta no ACS por parte de Raquel Rodríguez ao longo do ano 2006.
No hay comentarios:
Publicar un comentario