A visita realizada o luns 15 de maio por un grupo de alumnos da asignatura de Diplomática da Facultade de Historia (Universidade de Santiago) ao ACS, centrada na tradición documental e sixilografía, vense de completar o luns 21 cunha segunda parte, novamente co contacto da prof.ª D.ª Ana Suárez.
Neste caso esta segunda visita versou encol dos tipos documentais medievais dos arquivos eclesiásticos, especialmente do ACS, e encol da diplomática pontificia nos fondos da institución. Así, os alumnos puideron ver in situ tomos das Actas Capitulares, algún libro de fábrica e facenda e, especialmente, unha serie de documentos pontificios, coma privilexios ou litteræ apostolicæ. Todo elo explicado e orientado, monográficamente, ao propio tema da visita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario