Continuando coa política de difusión e apertura da información do ADM-ACS de cara a sociedade, así como da colaboración con institucións dedicadas á formación de futuros historiadores ou persoas relacionadas co eido do patrimonio documental, vense de producir unha nova visita de alumnos da USC aos fondos medievais do Arquivo da Catedral.
Neste caso tratouse dun grupo de alumnos da materia de Diplomática, guiados pola profesora Ana Suárez. A visita consistiu nun recorrido por determinadas salas do Arquivo e un exame da documentación medieval orientado á tradición documental e á sixilografía da Idade Media nos fondos do ACS. Así, puideron contemplar tanto algunha obra facsímil coma orixinais, casos do Tombo B, Libros de Actas Capitulares, documentación pontificia do século XV, documentación real do XIII-XIV ou un orixinal do século XI.
Os arredor de 15 integrantes do grupo puideron examinar in situ a identificación da tradición documental, examinar a morfoloxía dos documentos e ver selos plomados e de cera orixinais da documentación pontificia e real medieval. Un perfecto complemento, iso cremos, da formación teórica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario