O martes 29 deste mes vense de producir unha nova visita aos fondos medievais do Arquivo da Catedral de Santiago. Desta volta foi un grupo de alumnos de Fontes para a Historia da Arte Medieval, na licenciatura de Arte da USC. Os alumnos, coa profesora Dolores Fraga á fronte, puderon coñecer de primeira man os tipos documentais máis salientados no ACS en relación coa historia da arte, tanto de época medieval coma documentos modernos que puideran ter información anterior, caso das visitas arcebispais.
Ademais puideron ve-las miniaturas do tombo A e do Códice Calixtino, nos seus facsímiles, así coma do tombo B, todos eles orientados ás representacións arquitectónicas e artísticas miniadas que os decoran, ademais dunha breve explicación da historia arquivística dos volumes.
Unha visita que se repetirá cun novo grupo o venres 1 de xuño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario