Na semana pasada tiveron lugar dúas visitas ao Arquivo da Catedral de Santiago de alumnos procedentes da Universidade de Santiago de Compostela, con orientacón especial cara a historia e documentación de época medieval. En primeiro lugar, un grupo de 18 alumnos alumnos de Paleografía e Diplomática, coa profesora Ana Suárez á fronte, fixeron unha visita xeral ao arquivo, centrándose nas salas de depósito, instalacións e actividade do ACS.
Nesta mesma semana un segundo grupo, de 15 alumnos e gracias ás xestións do profesor David Chao Castro, visitaron tamén o ACS. Neste caso eran alumnos de doutoramento, con especialidade en Historia Medieval e Historia da Arte Medieval. Esta visita centrouse nas instalacións e na documentación medieval custodiada na institución.
Dúas visitas que son as primeiras do novo ano 2009.
No hay comentarios:
Publicar un comentario