jueves, julio 22, 2010

A fortaleza de Cedofeita na Idade Media.

A Asociación Cedofeita, continuando coa súa tradición de divulgación, está a organizar unha exposición encol da fortaleza homónima no período medieval, o coñecido castelo de Citofacta. Foron Xosé Luís Solla e Pepe Álvarez quenes se puxeron en contacto co ACS para solicitar certas imaxes de cara á reprodución no material expositivo. Así, se poderán ver imaxes do Tombo A da Catedral, ilustrativas de certos momentos relacionados coa historia da fortaleza; xunto con estas haberá outros materiais visuais baseados na Historia Compostelana editada polo P. Flórez.
Esta fortaleza relaciónase coas fortalezas arcebispais compostelás e co bispado de Diego Xelmírez no século XII. A exposición terá o título de Cedofeita. As raíces medievais, e se celebrará nos días 5-8 de agosto. Para máis información da Asociación e da edición da súa revista ver:
Portada do último número da revista Cedofeita. Resultado da actividade dunha prolífica asociación.

No hay comentarios: