martes, julio 06, 2010

A Lanzada II.

Las investigadoras Carmen Alarcón y Berta Morell han iniciado una estancia de investigación en el ACS en el marco del proyecto A Lanzada, dirigido por el arqueólogo Rafael M.ª Rodríguez y del cual ya hemos dado noticia. Procedentes de la Universidad de Sevilla y de la Universidad de Barcelona, respectivamente, disfrutan ambas de una beca de investigación del CSIC en el Laboratorio de Patrimonio, otra de las instituciones integradas en el proyecto.
Su trabajo en el ACS se centrará en la localización y vaciado de fuentes relacionadas con A Lanzada, O Campo de A Lanzada y la fortaleza, tanto en lo que atañe a la evolución del enclave, configuración histórica como a la morfología del yacimiento; todo ello tendrán ocasión de relacionarlo con el sustrato arqueológico en una posterior estancia en la excavación durante el mes de agosto.
----------------
As investigadoras Carmen Alarcón e Berta Morell iniciaron unha estancia de investigación no ACS no marco do proxecto A Lanzada, dirixido polo arqueólogo Rafael M.ª Rodríguez e do que xa demos aquí noticia. Procedentes da Universidade de Sevilla e da Universidade de Barcelona, respectivamente, gozan ámbalas dúas dunha bolsa de investigación do CSIC no Laboratorio de Patrimonio, outra das institucións integradas no proxecto.

O seu traballo no ACS centrarase na localización e baleirado de fontes documentais relacionadas coa Lanzada, O Campo d'A Lanzada e a fortaleza, tanto no que atinxe á evolución do enclave, configuración histórica como á morfoloxía do xacemento; todo iso terán ocasión de relacionalo co substrato arqueolóxico nunha posterior estancia na escavación durante o mes de agosto.

No hay comentarios: