viernes, julio 02, 2010

In Lanceata.

Non abundan no noso entorno proxectos de investigación integrais e interdisciplinares que aborden o patrimonio coma un ente vivo e social. O Área de Documentación Medieval do ACS (ADM-ACS) tivo xa o privilexio de colaborar e integrarse no proxecto Arqueoneixon do Laboratorio de Patrimonio do CSIC (LAPA-CSIC) mentres se mantivo en curso; agora, mantendo parte do equipo, temos a sorte de colaborar nun novo proxecto: a recuperación e divulgación arqueolóxica do espacio de A Lanzada (Sanxenxo, Pontevedra); un proxecto dirixido polo arqueólogo da Deputación de Pontevedra (DeP), Rafael M.ª Rodríguez Martínez. Trátase dun mítico xacemento da arqueoloxía do noroeste cun rexistro cronolóxico dende a antigüidade ate a época máis recente, cun destacado pasado medieval: fortaleza co bispo Sisnando II cc. 960, importante baluarte de Diego Xelmírez no s. XII, obxectivo da revolta irmandiña no XV...
O ADM-ACS colaborará en calidade de centro de investigación histórica medieval, localización de fontes, interpretación de datos e formación de investigadores. No marco das actividades previstas inclúese únha charla/conferencia a fináis de agosto ou a estancia no ACS de dúas bolseiras que combinarán o traballo con fontes documentáis e a labor arqueolóxica na escavación.
Outro dos puntos fortes deste proxecto, o mesmo que o fora xa en Arqueoneixón, é o da divulgación do coñecemento e da actividade. Para elo, no marco do proxecto, abreuse un blog sobre o concepto de "aberto por obras", dando a coñecer toda a actividade en tempo real; ademáis encomezou a funcionar tamén un videoblog en youtube. Unha morea de conceptos do patrimonio e a investigación que agora se aplican a esta socialización do coñecemento.
Dende Archivium daremos cumplida conta das nosas actividades e participación no proxecto; para os interesados a bitácora é http://alanzada.wordpress.com/, e dende ela multiples enlaces, coma facebook ou o videolog.
(As imaxes deste post pertencen ao Proxecto A Lanzada DeP-LAPA-CSIC)
--------------
No abundan en nuestro entorno proyectos de investigación integrales e interdisciplinares que aborden el patrimonio como un ente vivo y social. El Área de Documentación Medieval del ACS (ADM-ACS) tuvo ya el privilegio de colaborar e integrarse en el proyecto Arqueoneixon del Laboratorio de Patrimonio del CSIC (ZAMPA-CSIC) mientras se mantuvo en curso; ahora, manteniendo parte del equipo, tenemos la suerte de colaborar en un nuevo proyecto: la recuperación y divulgación arqueológica del espacio de A Lanzada (Sanxenxo, Pontevedra); un proyecto dirigido por el arqueólogo de la Diputación de Pontevedra (DiP), Rafael M.ª Rodríguez Martínez. Se trata de un mítico yacimiento de la arqueología del noroeste con un registro cronológico desde la antiguedad hasta la época más reciente, con destacado pasado medieval: fortaleza con el obispo Sisnando II cc. 960, importante baluarte de Diego Gelmírez en el s. XII, objectivo de la revuelta irmandiña en el XV...
EL ADM-ACS colaborará en calidad de centro de investigación histórica medieval, localización de fuentes, interpretación de datos y formación de investigadores. En el marco de las actividades previstas se incluye una charla/conferencia a finales de agosto o la estancia en el ACS de dos becarias que combinarán el trabajo con fuentes documentáis y la labor arqueológica en la excavación.
Otro de los puntos fuertes de este proyecto, el mismo que lo había sido ya en Arqueoneixón, es el de la divulgación del conocimiento y de la actividad. Para ello, en el marco del proyecto, se ha abierto un blog sobre el concepto de "abierto por obras", dando a conocer toda la actividad en tiempo real; además ha comenzado a funcionar también un videoblog en youtube. Un montón de conceptos del patrimonio y la investigación que ahora se aplican a esta socialización del conocimiento.
Desde Archivium daremos cumplida cuenta de nuestras actividades y participación en el proyecto; para los interesados la bitácora es http://alanzada.wordpress.com/, y desde ella múltiples enlaces, como facebook o el videolog.
(Las imágenes de este post pertenecen al Proyecto A Lanzada DiP-LAPA-CSIC)

No hay comentarios: