Recentemente o Consello da Cultura Galega, ven editar, en edición on-line, o Catálogo da Colección Guerra Campos do Arquivo da Catedral de Santiago, elaborado pola colaboradora do arquivo D.ª María Elena Novás Pérez, no marco do convenio de colaboración entre ambas institucións.
Tal colección inclúe no seu seo diversas publicacións, artigos e referencias relacionadas coa peregrinación medieval, historiografía encol do medievo e diversos aspectos enmarcados na Idade Media, que poden constituir un bo apoio para os investigadores da materia; especialmente as separatas de publicacións estranxeiras (saliéntase a bibliografía alemana).
Na colección inclúese, además, un destacado conxunto de diapositivas da arte e arqueoloxía clásica e medieval, dende Bizancio ate Compostela.
A descarga do catálogo prodúcese, de maneira gratuita, na mediateca da páxina do CCG, na seguinte dirección:
No hay comentarios:
Publicar un comentario