viernes, abril 18, 2008

Historia medieval da cidade de Vigo.

O alumno da facultade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela Pedro Rodríguez Pampillón, atópase realizando un período de consultas no ACS, orientadas á historia da cidade de Vigo na Idade Media. O traballo, realizado baixo a dirección do profesor desa facultade Carlos Barros Guimeráns, céntrase na recompilación de fontes documentais do núcleo ate o século XV. A consulta foi centrada nos catálogos da Colección de Documentos Soltos, a Colección López Ferreiro e os tres tombos de Tenzas, con información encol de Vigo, Teis e Valladares.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Jajaja, pois estamos ben se este é un dos investigadores do ACS, un señor que leva máis de 6 anos para acabar a carreira, cun expediente de risa e cun tutor todavía máis irrisorio, jajajaja