Ven de presentarse hoxe o Sistema de Información Patrimonial de Santiago de Compostela (SIP), desenvolvido polo Consorcio de Santiago de Compostela, coa colaboración de diversas institucións, como o CSIC ou o Instituto Xeográfico Nacional. Plantéxase como unha ferramenta en rede de consulta de información relacionada coa cidade de Santiago de Compostela, en canto a edificios e estructura urbana, integrando información documental, histórica e arqueolóxica. O ACS colabora co Consorcio por medio da catalogación de documentación no marco do proxecto URBE de cara ao seu emprego no SIP. Mantense a pretensión de volcar información dende o período medieval ate a actualidade.
Para consultas:
No hay comentarios:
Publicar un comentario