Archivium Sancti Iacobi es el blog del Área de Documentación Medieval del Archivo de la Catedral de Santiago (ADM-ACS). Un órgano de difusión de las actividades del Área, y de comunicación con la comunidad científica y los interesados en general ------ Archivium Sancti Iacobi é o blog da Área de Documentación Medieval do Arquivo da Catedral de Santiago (ADM-ACS). Un órgano de difusión das atividades do Área, e de comunicación coa comunidade científica e os interesados en xeral.
miércoles, diciembre 20, 2006
Visitas: alumnos da USC.
lunes, diciembre 18, 2006
Noticias: El Área de Documentación Medieval del ACS en Medievalismo.org.
martes, noviembre 28, 2006
Noticias: Culmínase a creación efectiva do Área de Documentación Medieval do ACS.
Ao longo do presente mes de novembro, a dirección do Arquivo da Catedral de Santiago ven de finaliza-la tramitación, consideración, aprobación e asinado dos Estatutos e Principios Rectores do Área de Documentación Medieval do Arquivo da Catedral de Santiago. Culmina con elo o proceso de creación efectiva do ADM dentro do ACS, unha iniciativa pioneira, no eido dos arquivos galegos e peninsulares, de protección e atención específica á documentación medieval, o seu tratamento, a súa investigación e a súa difusión.
O ADM, sempre sometido á dirección do ACS, non posuirá atribucións arquivísticas, senón científicas, dende o punto de vista da investigación histórica, e de difusión da información. Concíbese, así, coma un órgano que, entre outros aspectos, potencie o coñecemento e difusión da documentación medieval que se custodia na institución, tomada coma patrimonio de Galicia e de todos os galegos, así coma do Estado en xeral. Potenciarase, igualmente, o contacto con outras institucións, a colaboración e cooperación, co medievalismo e a documentación medieval coma punto de encontro.
Ao mesmo tempo foi nomeado o primeiro director técnico do ADM na persoa de Xosé M. Sánchez, técnico medievalista do Arquivo da Catedral no marco do Convenio de Colaboración coa Xunta de Galicia a traveso da Dirección Xeral de Patrimonio.
Manterá o ADM o presente blog coma ferramenta de difusión e comunicación, así coma o e-mail do ACS: acs@planalfa.es.
Nace, pois, o ADM, de maneira efectiva, coa vontade de comunicación e colaboración, agardando que tal nacemento non sexa máis ca o comezo dunha importante actividade.