O Arquivo da Catedral de Santiago ven de asinar un Convenio de Colaboración coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, asinado pola conselleira D.ª Ánxela Bugallo e o deán da catedral, D. José Mª Díaz; un convenio cun título e orientación moi explícitos: Para a realización do proxecto de investigación e catalogación dos fondos do Arquivo catedralicio nas Áreas de Documentación Moderna e Medieval.
Supón, esta firma, a renovación da colaboración que xa se establecera anteriormente, por medio do Director Xeral de Patrimonio, D. Felipe Arias Vilas, retomando unha subvención iniciada xa con anterioridade.
O presente convenio resulta fundamental para a laboura do Área de Documentación Medieval, permitindo mante-la tarefa de investigación, tratamento das fontes medievais e a súa difusión, xa non só no eido galego, senón a nivel do estado ou internacional. Unha colaboración formada no interese de ambas institucións pola divulgación do patrimonio galego e pola deción da Xunta de Galicia, a traveso da Consellería de Cultura e da Dirección Xeral de Patrimonio de invertir en tal investigación e difusión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario