lunes, marzo 05, 2007

Ferramentas: Diccionario de Diccionarios do Galego Medieval (USC) no Arquivo da Catedral.

Recentemente o Arquivo da Catedral de Santiago ven de incorporar unha nova ferramenta a disposición dos medievalistas que consultan os eus fondos. Trátase do Diccionario de Diccionarios do Galego Medieval (versión 1.0), editado polo Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela (USC) coma o anexo 57 de Verba. Este Diccionario é resultado do traballo dos profesores da facultade de Filoloxía da USC, baixo a dirección de Ernesto González Seoane e completando o equipo investigador María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón. É unha aplicación que contén o baleirado de diversas obras do galego e galego-portugués medieval, como a Crónica Troiana, a Crónica Geral ou o Cancioneiro de Ajuda, ademáis de documentación, como a do concello de Noia ou de Rianxo. Cunha extensa base de datos permite realizar pescudas de termos dudosos nunha transcripción, ofrecendo paralelos noutros textos e definicións. Tales búsquedas poden realizarse tamén por lemas, étimos, topónimos ou antropónimos, entre outros. A súa incorporación ás ferramentas de traballo do ADM-ACS débese ao bo facer da investigadora Raquel Rodríguez Parada, á que dende aquí aproveitamos para agradece-la súa laboura. Para todos aqueles centros interesados na adquisición da que consideramos un valioso apoio para calquera medievalista ou arquivo con documentación medieval, poden acada-la información necesaria no Servizo de Publicacións e Intercambio científico da USC, nos seguintes datos: e-mail: sedona@usc.es Tlf.: (0034) 981 59 35 00 Fax: (0034) 981 59 39 63
Un novo recurso e perfecta axuda para os medievalistas que acudan ao Arquivo da Catedral de Santiago.

No hay comentarios: