lunes, agosto 23, 2010

Charla lanzadeira. Da alta Idade Media aos Irmandiños.

Dentro das actividades do ACS no marco do proxecto de A Lanzada, este xoves ás 20:30 h. terá lugar no local de As Canteiras, en Noalla, unha charla na que repasaremos un pouco a historia do enclave lanceatense e a súa inserción no medievo galego, atendendo, especialmente, ao espazo que se está a estudar, o campo de A Lanzada. Poñemos aquí o anuncio e invitamos a quen queira asistir a animarse; prometemos fluctuar entre heavy metal, o Tombo A, restos caldarios e o Tabera-Fonseca.

No hay comentarios: