Hoxe ás 20:00 h. terá lugar a inauguración da exposición Compostela e Europa. A historia de Diego Xelmírez, cuxo percorrido chega por fin a Santiago, tras as súas fases de París e Roma. É o edificio de San Martiño Pinario o marco elixido para a mostra, que ten ao primeiro prelado verdadeiramente compostelán (1100-1140) coma fío condutor; conta a exposición con material audiovisual e con múltiples pezas, entre as cales salientamos algunhas do ACS, como dous documentos orixinais de Alfonso VII, coa rota xelmiriana a imitación da romana, ou o facsímilar do Tombo A. Para abrir boca pódese consultar a completa páxina do Xacobeo dedicado á exposición: Compostela e Europa. A historia de Diego Xelmírez. De seguro a visita será unha inmellorable forma de sumirse no medievo compostelán.
Imaxe de Santiago da Porta de Platerías icono da exposición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario